Resineiros

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O Oficio de Resineiro

Ligazón Galería de Fotos 

Algo de historia

Dende os albores da humanidade os produtos resinosos foron usados como un elemento de surpervivencia: empregábanse para alumearse nas carvernas e grazas a combustión da resina podían transportar o lume para logo quentarse e asar a carne. A resina foi empregada ademais na construcción de embarcacións para a súa impermeabilización. Mentres os barcos foron de madeira o poderío das civilizacións dominantes estaba influído polos recursos forestais e resinosos que posuía.

A resina de Pino ou Trementina Vexetal de Pino foi  un medicamento moi común e moi usado na antiguedade para todo tipo de patoloxías e por moitos tipos de xente pero foi imprescindible entre mariñeiros e piratas. Na  época dos  descubrimentos era un dos produtos que levaba a bordo a flota  de Fernando de Magallanes.

A historia escura da resina pasa por lembrar que foi unha temible arma nas guerras: as bolas de lume, as teas e frechas incendiadas, no mar as ánforas cheas de resina en lapas arroxadas  contras as naves inimigas e na hora da defensa, cando llela botaban fervendo enriba aos asaltantes.

En tempos máis modernos a resina constituíu un elemento imprescindible na fabricación de material de guerra e incluso grandes potencias crearon programas de invesigación para estimular a súa produción.

Durante máis dun século compuxo unha actividade moi importante dentro da economía rural española chegando a converterse nunha potencia ocupando o terceiro posto despois de EEUU e Francia. Máis de vinte provincias españolas e 400 pobos se adicaron a esta actividade que a partires dos anos 60 comezou a declinar.

Coa entrada do noso país na Comunidade Económica Europea en 1986 deteriorouse moito máis a situación, xa que os produtos derivados da resina obtidos en España non podían competir no prezo cos portugueses, que eran ata a metade máis baratos. Dende entón  soamente  se seguiu resinando en lugares moi concretos de provincias de Castilla León, principalmente en Segovia.

 

Produtos resultantes do resinado

Na segunda década do século XXI xurde Xián un resineiro galego que nos relata o seguinte:

"A min apareceume isto da resina cando estaba estudando a carreira de Enxeñería Forestal despois de facer o ciclo superior de Xestion Forestal. A miña idea dende moi novo era traballar na terra, rodeado de naturaleza e con moita tranquilidade. 

Veño da cidade de Pontevedra, e no camiño chegou isto e "namoreime" desta profesión. Permíteme ser libre no traballo, co cal fago del a miña forma de vida no rural.  Aprendín de forma autodidacta cunhas pequenas instruccións que nos deron vía telefónica e  con algún vídeo de Segovia, xa que eles alí resinan por tradición dende fai moito tempo" 

Con respecto a como se resina

Podemos estrúturalo en 3  etapas:

Video enviado por Xián

 

A campaña comeza no mes de marzo e finaliza a mediados de novembro. Sete meses nos que os resineiros traballan durante moitas horas para recoller cubetes deste produto que logo lle venderán aos  resineiros industriais. A evolución destes en España pasou por unha primeira transformación de 87 establecementos nos anos 50 a 21 nos 80 e seguidamente a dous ou tres na actualidade. 

Na localidade de Coca sitúase unha das  empresas máis importantes de transformación de resina en España: Luresa Resinas S.L., antiga Unión Resineira Española,  fundada en 1898. Foi adquirida no ano 2013 pola organización Resinas de Brasil, que conta con dúas fábricas en España e sete no Brasil.

Bibliografía:

Xián (Resineiro)

Citar a Google como motor de busca

http://www.sdlmedioambiente.com/ficheros/hojadivulgativaresinero.pdf LH Muñoz

Saber máis

https://blog.qnatur.com/la-resina-que-poco-sabemos-de-ti/

 

Tags: