Programación 2020
Nova exposición Oficios e Ferramentas III prevista para finais do ano.
Pronto, máis novas.
Actividades e Proxectos 2019
No ano 2019 o destino quixo que me puxese ao frente da Libraría Pelayo en Monforte de Lemos.
Dende o mes de xaneiro estou rexentando este negocio que leva cincuenta anos na cidade do Cabe.
Servizos de impresión, escaneo, fax, mail, oficce, libros, obxectos para agasallo e papelería.
Á oferta en Libros de Texto e Libros de Lectura engádolle a oferta de Libros de Fotos.
Servizos de deseño Web para pequenas empresas, configuración de email e dominios.
Entre os proxectos deste ano están rematar a inclusión das fotografías pendentes do 2018 na exposición Oficios e Ferramentas II esi como tamen os libros de visita das exposicións físicas.
De momento a terceira parte da saga Oficios e Ferramentas, realizareina o vindeiro ano 2020 si non hai algún contratempo que o impida.
Grazas pola visita!!!
ACERCA DE
Como nace e por que?
Esta páxina é unha recopilación das exposicións fotográficas que xorden a raíz do meu proxecto como autora da Web aldeasgalegas.com onde dende finais do ano 2004 comecei a traballar recopilando información das tradicións das aldeas do rural galego.
Como complemento a esa páxina Web, vou realizando exposicións fotográficas periódicas co material acumulado para poñelas ao alcance de máis persoas, relacionadas ou non con Galicia, que amen e respeten as súas costumes, tradicións e paisaxes.
Uso o pseudónimo de Peruchela, un nome que ven de antigo e polo que é coñecida a casa na que nacín e me criei.
Pronto che contarei algo máis de min. De momento podes ollar, comentar, valorar e compartir as fotos que nesta Web poño ao teu alcance.