Alambiqueiros

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

O oficio de Alambiqueiro

Ligazón á Galería de Fotos 

A famosa augardente galega

Neste pequeno vídeo que veredes a continuación facemos unhas preguntas sobre o seu traballo a Luís Cid Fernández, un dos últimos alambiqueiros da provincia de Ourense e  quizais un dos últimos de Galicia:

Que facía un alambiquero?

Por todas as aldeas de Galicia ían os alambiqueiros cos seus potes ás casas que os solicitaban para facer as posturas de augardente que tivesen. A súa tarefa consistía en cargar e descargar o bagazo do alambique ademais de colaborar facendo a augardente. Os alambiques tiñan a inscrición e o dni do alambiqueiro, o cal pagaba un tanto anual para ter dereito a ir con el polas aldeas a realizar a súa profesión.

Ata fai poucas décadas empregábase leña para cocer o bullo no alambique. Cando se xeneralizou o uso do gas butano foi cambiando o xeito de quentar o pote. Así como manter a temperatura coa leña non era tarefa fácil, co butano tampouco resultaba sinxelo. Normalmente o augardente faise  cando o tempo é frío e a bombona ten que meterse en auga morna para que siga desprendendo o butano á mesma presión.

A primeira augardente que saca o alambique ten moitos graos e moita forza. Logo, segundo van pasando as horas cada vez sae máis frouxa por iso é preciso ir probando a súa forza ao longo das horas da produción. Sepáranse estes dous tipos de augardentes, a máis forte de cabezas e a máis débil ou zanganilla. O traballo de mesturar ambas ata conseguir un equilibrio é un proceso que require moita experiencia.


Como evoluciona o oficio

Desde fai uns dez anos non é habitual que veñan alambiqueiros polas aldeas debido en parte a varios factores:


Pódense adquirir nas feiras alambiques para facer pequenas producións para o consumo. Os que quedan agora na maioría das vilas son deste tipo. As producións actuais son dunha vintena de litros e apenas cobren o gasto anual da casa, pois os galegos son amantes do café con augardente logo do xantar. Na xeración de meu avó cando se erguían do leito o primeiro que almorzaban as seis da mañá era un vaso de augardente con pan para coller forzas para saír a traballar ao campo.

O licor de herbas e o licor café son tamén producidos por xente madura que aínda conserva os coñecementos que recibiron dos seus predecesores. Estes exquisitos licores son elaborados a partir da augardente

En Portomarín, a principios de abril, cada ano celébrase unha das festas máis importantes de Galicia relacionadas con este produto, a feira da augardente de Portomarín. O xeito que teñen nesta zona de facer este prezado líquido espiritoso é con Alquitaras aínda que antigamente o máis frecuente era que o alambiqueiro portase o Alambique. Pese a que ambos artefactos se usen  para o mesmo e teñan un funcionamento semellante difiren no seu deseño.

Tags: , , , ,