Albúms Fotográficos

imprimir

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

RECORDOS EN LIBROS

Os avances da fotografía permitíronnos chegar a esta realidade, poder escoller qué gardar e qué descartar . Pasouse de pagar polo teu revelado en papel fotos que logo non sabes se saen ben ou mal, a poder seleccionar as que mellor saíron e poder convertidas nun bonito libro decorativo, tanxible , cada día máis apreciado no paso dos anos e así nel ver os teus recordos e á túa familia e amigos.

É moi doado,  só tes que poñer nun cartafol as fotos que queres e ti mesma/o te podes facer o álbum.

Se prefires pagar por iso hai numerosos estudos fotográficos e fotógrafos que cobran por realizar esa labor de confeccionar un libro dixital de fotos.

Fotos que normalmente che realizan estes profesionais no seu  estudo ou nunha reportaxe. En función diso e da calidade dos materiais o prezo oscila considerablemente. Non é o mesmo un grosor que outro, nin mate a con brillo, nin acolchado que acartonado, hai opcións máis que suficientes para poderche confeccionar un exclusivo libro de fotos.

Eu traballei con varias empresas de impresión fotográfica por Internet, de feito a miña colección de Ferramentas e Profesións I, realiceino con Saal-dixital e quedei moi satisfeita en canto á calidade prezo que ofrece.

Tamen teño feito outros álbumes con outros proveedores como  Hofmann ou  Photobox e calquera deles ofrece un bon servizo.

Se queres que che axude co teu libro, xa sabes onde vir. Librería PELAYO

 

 

 

 

 

Tags: , , , , ,