Cocheiros

imprimir
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

O oficio de cocheiro

Galería de Fotos 

Ligazón a artículo del National Geographic

 

Algo de historia


Dende a Idade de Bronce os équidos convertéronse en imprescindibles para o home. Asnos e mulas faríanse necesarios na economía diaria mentres o cabalo delicado e custoso de manter ocuparía un papel como animal de prestixio.

Crese que a orixe do carro de rodas está en Mesopotamia entre o 3500 e 3000 a.C.

Os sumerios xa contaban con distintos tipos de carros 2500 2000 aC. , guiados por areles e con rodas macizas.

O desenvolvemento do bocado e dunha cabezada eficaces facilitou o seu emprego para tirar de carros de guerra e logo como animal de monta. Isto ocorreu en Mesopotamia sobre o 1500 aC..

Entre 1900 e 1750 a.C. foi introducido dende Dinamarca o carro lixeiro con radios nas rodas. No século XV a.C. xa se xeneralizara ata Grecia e India.

Atopamos na Península Ibérica representacións de carros do século X ao VII a.C., a finais da Idade de Bronce.

Nacemento dos coches de cabalos e do oficio de cocheiro

Segundo o historiador Antonio Domínguez Ortiz, comeza sobre o ano 1500. En 1546 viuse o primeiro coche deste tipo en España ocasionando unha letanía de queixas, xa que se dicía que "fomentan o gusto e a vanidade". Foi prohibido en 1573, pero ante a presión feminina permitiuse de novo en 1626. Ata a aparición do coche de motor reinou durante varias centurias.

O termo cocheiro comprende aos condutores de oficio de calquera xénero de carruaxes de comodidade: ben de rúa, ben de camiño e para moitos efectos ata aos condutores de calquera tipo de carruaxes: ben se chamasen cocheiros, maiorais, caneleiros, condutores, como os das cadeiras-correos, etc.

No primeiro terzo do século pasado os coches de cabalos corrían precipitadamente sen rivais de motor, para volver baleiros e acarrexar novos pasaxeiros.

Ata os anos sesenta, o postrer (transporte nas comitivas fúnebres) tamén se realizaba en coches de cabalo.

Os coches de cabalos practicamente desapareceron das poboacións e dos camiños, sendo substituídos por estes (automóbiles), salvo para ocasións especiais ou con propósitos turísticos.

 

Bibliografía:

Carros en el antiguo mediterráneso: De los orígenes a Roma Fernando Quesada Sanz

El carruaje como objeto de ostentación Rafael Atienza Medina

https://es.wikipedia.org/wiki/Cochero

Citar a Google como motor de Procura