Programación 2021
Este ano 2021 o meu traballo fotográfico básase na actualización e inclusión de novas fotografias nos artigos de https://aldeasgalegas.com
Na Libraría Pelayo continúo coa actividade de fotografía realizando copias e libros fotográficos para clientes así como a realización de algún evento que me poidan solicitar.
En canto aos traballos de actualización de contidos existentes nesta web non son unha prioridade nestes momentos e espero poder realizalos nun futuro próximo así como rematar a terceira parte das exposicións fotográficas baixo o nome Oficios e Profesións III
Programación 2020
No Espazo Xove do concello de Chantada do 08/03 ao 08/04 de 2020
Nova Exposición de SEMPRE NA ALDEA
Con pequenas modificacións da exposición orixinal de 2015.
Debido a situación xerada pola pandemia do Coronavirus non teño unha data prevista para a exposición da 3ª parte do proxecto Oficios e Ferramentas.
Actividades e Proxectos 2019
No ano 2019 o destino quixo que me puxese ao frente da Libraría Pelayo en Monforte de Lemos.
Dende o mes de xaneiro estou rexentando este negocio que leva cincuenta anos na cidade do Cabe.
Servizos de impresión, escaneo, fax, mail, oficce, libros, obxectos para agasallo e papelería.
Á oferta en Libros de Texto e Libros de Lectura engádolle a oferta de Libros de Fotos.
Servizos de deseño Web para pequenas empresas, configuración de email e dominios.
Entre os proxectos deste ano están rematar a inclusión das fotografías pendentes do 2018 na exposición Oficios e Ferramentas II esi como tamen os libros de visita das exposicións físicas.
De momento a terceira parte da saga Oficios e Ferramentas, realizareina o vindeiro ano 2020 si non hai algún contratempo que o impida.
Grazas pola visita!!!
Acerca de
Como nace e por que?
Esta páxina é unha recopilación das exposicións fotográficas que xorden a raíz do meu proxecto da Web aldeasgalegas.com onde comecei a traballar a finais do ano 2004, recopilando información das tradicións das aldeas do rural galego.
Como complemento a esa páxina Web, vou realizando exposicións fotográficas periódicas co material acumulado para poñelas ao alcance de máis persoas, que amen e respeten as costumes, tradicións e paisaxes galegos.
Uso o pseudónimo de Peruchela, un nome que ven de antigo e polo que é coñecida a casa na que nacín e me criei.
Pronto che contarei algo máis de min. De momento podes ollar, comentar, valorar e compartir as fotos que nesta Web poño ao teu alcance.