Sempre na Aldea

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Exposición 

Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos

Do 07/07 ao 07/08 de 2015

Espazo Xove de Chantada

Do 08/03 ao 08/04 de 2020 

SEMPRE NA ALDEA 

 

A terra seca trouxo a necesidade de auga, aí foi cando eles inventaron os pozos, así como as súas casas de coios.

Trala fiestra, a vella contáballe a historia ao recén nato do paxariño.

E seguiulle narrando dos das Zocas, aqueles que empregaban unha parella de bois ou vacas rubias para tirar do carro, aqueles que logo, aproveitaban as súas cornas para portar pedras de afiar gadañas, fouces e fouciños de segar a herba, os toxos e os cereais.

Cansos de traballar uns decidiron marchar, levando o pouco en caixas e moitos sen poder voltar, deixando os zocos e o leite para os que decidiron ficar.

Cichóns de sabugueiros, homes máis valentes ca osos e tan afeminados coma mulleres nos Entroidos do rural.

Esí pasaban os días entre traballos e romarías. Sen importar quen morría, o patrón saía de procesión e logo as merendas pra festexar a ocasión.

Non faltan doces da festa, non falta pulpo na feira e no Santiago os iscos nos guizos promoven xuntanzas en aldeas e vilas.

As mulleres apañan froitas na horta e co da leira fan o pan.

Paceron as buchas o millo e pouco quedou natural para as pitas e pra ceba lograr.

Finaron os contos nas longas noites a carón do alambique, non hai olas nin barreños feitos cos nosos barros, nin nin liño, nin palilleiras máis que nas feiras.

No outono as cores crean fermosas paisaxes e nas aldeas luce a leña para quentar os que quedamos nos mornos invernos da nosa terra.

E nun plis plas... volve o verde agromar, pero son poucos os grandes freixos que conseguen un novo ano xemolar.  

Nalgúns ríos poderase pescar, nas pistas bacheadas as bicicletas rular e os maiores pasear. Isto leva á cegoña a ollar un bo lugar para criar.

Mamarán os meniños nas aldeas e nacerán papoulas sen pan para flores de concheiros e calas mirar.

Reflexión:

Se non hai nenos, non haberá vellos  nin xente que traballe as nosas terras. Os paxariños non escoitarán historias porque non terán quen llelas conten, nin voltarán a cantar por non ter sembrados dos que se alimentar.


O pasado non retornará e unha vez extinta por completo esta anterga maneira de vivir a súa lingua tamén desaparecerá.

Oficios e Ferramentas II

Oficios e Ferramentas II

Do 03 ao 17 de Setembro 2018
Oficios e Ferramentas I

Oficios e Ferramentas I

Do 02 ao 13 octubro 2017
Ao Redor de Nós

Ao Redor de Nós

Do 19 de xullo ao 19 de agosto 2016
Compadres e Comadres

Compadres e Comadres

Exposición con Relato - Escairón, xaneiro e febreiro de 2016 Fotos de Compadres e Comadres recollidas grazas aos traballos nos que a xente das aldeas e parroquias se implican facendo unha gran labor de pedagoxía amosándo fragmentos de tempos non moi lonxanos.
Sempre na aldea

Sempre na aldea

I Exposición con Relato -A vida na aldea no período dun ano, coas costumes habituais da xente do rural .
A Imaxe na Rede

A Imaxe na Rede

Esta mostra foi ideada para presentar a páxina aldeas galegas á xente de a pé.
Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

Imaxes de Natureza e Tradición na Aldea

As miñas fotos máis enxebres expostas na miña localidade de orixe A Pobra do Brollón
Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

1ª Mostra de fotografías 30/10 ao 30/11 de 2014